logo  dismacor  

ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS

Seminarios e Xornadas   Servizos   Vínculos   Galeria   Asociarse  

NACEMENTO

DISMACOR, nace como unha Asociación comarcal sen ánimo de lucro en Outubro de 2001 no Concello de Culleredo, presentando como obxetivo básico a inclusión de tódalas persoas con discapacidade na sociedade.

FILOSOFIA DE DISMACOR

  A Asociación xorde coa idea de que as persoas con discapacidade son persoas coma outras, cos seus dereitos e deberes, e teñen que ter as mesmas oportunidades que teñen todos. Na pretensión de que cheguen a desenvolverse para acadar os seus dereitos e vivir conforme os seus deberes como cidadáns, os pais e nais erixíronse en defensores dos mesmos, pretendendo que conten coas axudas necesarias para elo.
Por todo iso, víronse na necesidade de crear unha Asociación que poidese loitar por eles e dar desposta ás súas demandas.
E así xorde DISMACOR, froito da unión dun grupo de pais e nais preocupados pola educación, estimulación e integración dos seus fillos na vida social, por unha vida digna e unhas calidades mínimas con todos os seus dereitos e deberes.
DISMACOR aposta decididamente pola innovadora tarea de educar ós nenos/as e persoas con discapacidade no mundo no que viven e ó que teñen que adaptarse; tendo en conta que das posibilidades que teñan e das que lles proporcione a sociedade, dependerá a súa inclusión e o seu desenvolvemento como persoas autónomas e independentes.

O ámbito de actuación de DISMACOR ten a súa sede, ámbito de actuación e infuenza na Comarca das Mariñas Coruñesas (Concellos de Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Carral, Arteixo, Abegondo e Bergondo) e no Concello de A Coruña.

PROFESIONALES DO EQUIPO TÉCNICO

  • Coordinadora e Psicopedagoga
  • Psicóloga
  • Educadora Social

OBXETIVOS DESTA PÁXINA:

  • Dar información e formación de recursos materiais así como asesoramento acerca das consultas e problemáticas para os pais e familiares de nenos e persoas con discapacidade.
  • Dar a coñecer as actividades que leva a cabo a asociación, así como os resultados das mesmas.
  • Proporcionar información (subvencións, becas, leis, etc.), así como formación tanto ás persoas con discapacidade, como ás persoas que conviven ou traballan con elas.
  • Un foro de intercambio de información e de discusión.




Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006