Calidade de vida

Felicidade non é facer o que un quere senon querer o que un fai.

(1905-1980) Filósofo e escritor francés.

A calidade de vida defínese en térmos xerais como o benestar, felicidade e satisfacción dun individuo, que lle outorga a éste certa capacidade de actuación, funcionamento ou sensación positiva da súa vida. A súa realización é moi subxectiva, xa que se ve directamente influída pola personalidade e a contorna no que vive e desenvólvese o individuo.

200416680-001

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a calidade de vida é:

“A percepción que un individuo ten do seu lugar na existencia, no contexto da cultura e do sistema de valores nos que vive e en relación coas súas expectativas, as súas normas, as súas inquedanzas. Trátase dun concepto moi amplo que está influído de modo complexo pola saúde física do suxeito, o seu estado psicolóxico, o seu nivel de independencia, as súas relacións sociais, así como a súa relación cos elementos esenciais da súa contorna”.

Nós queremos e buscamos a calidade de vida para as nosas familias e por iso acollémonos ao modelo de calidade de vida familiar de Shalock e Verdugo (2003).

Para estos autores a calidade de vida familiar dependería das seguintes dimensións:

      • Benestar emocional
      • Saúde física e seguridade
      • Benestar económico
      • Relacións /Funcionamento familiar.
      • Apoios
      • Produtividade
      • Implicación na comunidade e defensa
      • Ocio e tempo de lecer