Normalización

 

O principio de normalización fai referencia a que a persoa con diversidade funcional poida ter as mesmas posibilidades e condicións de vida que todas as persoas ou sexan tan boas como as dun cidadán medio e melloren na maior medida do posibel o seu comportamento, aprendizaxe e desenvolvemento.

Trátase de que as persoas con diversidade funcional teña as mesmas posibilidades que os demais, as súas estimulacións e a capacidade de poder aprender a vivir con eles.

Se a isto lle engadimos a dificultade para aprender, podemos entender a necesidade de aprender no seu contexto e ver a súa función dun xeito claro e organizado.

Por iso entendemos que esta vida normalizada é máis un dereito individual e social que unha posibilidade de elección.

clasee

Todas as familias cremos no que nós chamamos vivir con normalidade.

Vivir con normalidade é procurar que as persoas con diversidade funcional teñan unha vida igual que o resto das persoas.

  • Queremos que os nosos nenos e nenas estén incluidas en aulas ordinarias nas que cos apoios axeitados podan seguir as clases cos compañeiros da súa idade.
  • Queremos que os nosos nenos e nenas acudan as mesmas actividades de ocio e lecer que o resto dos rapaces.
  • Queremos que teñan un servizos sanitarios e educativos coas mesmas condicións que o resto da poboación.
  • Queremos ser iguais que os demáis e para iso imos procurárllelos apoios apropiados.
swim