Autodeterminación

O obxecto da educación é formar seres aptos
para gobernarse a sí mesmos, e non para ser gobernados polos demais.
Herbert Spencer(1820-1903) Escritor británico.
 
 

Imos procurar que as persoas con diversidade funcional sexan o máis autodeterminadas posibles xa que a investigación indica que fomentar a autodeterminación ten repercusións no desenvolvemento e na calidade de vida das persoas e por iso tentamos procurárllela aos nosos fillos e fillas.

Wehmeyer no ano 1992 empregou a seguinte definición de autodeterminación a cal recollemos xa que entendemos que é a máis aceptada e difundida.

Autodeterminación é o proceso polo cal a acción dunha persoa é o principal axente causal da súa propia vida e das eleccións e toma de decisión sobre a súa calidade de vida, libre de influencias externas ou interferencias.”

child (2)

A conduta autodeterminada é unha característica disposicional da persoa. En térmos operativos, as accións autodeterminadas reflicten catro características principais:

  • Autonomía,

  • Autorregulación,

  • Capacitación psicolóxica (“empowerment”) e

  • Autorrealización.

Estas catro características principais xorden a medida que as persoas adquiren os elementos compoñentes da autodeterminación, entre os que inclúense a elección e toma de decisións, a resolución de problemas, o establecemento de metas e a adquisición de habilidades; o lugar de control interno; a autoeficacia positiva e as expectativas de resultado; o autoconocimiento e a comprensión (Wehmeyer, 1996a, 1996b; Wehmeyer, Kelchner e Richards, 1996).