Apoios

Das necesidades que aparecen na vida xorde a demanda de apoios e axudas que necesitan as persoas para potenciar a súa aprendizaxe e desenvolvemento.

O modelo de Apoios determina a vida con apoios, primeiro na rede natural da persoa (os apoios que nos ofrecen os nosos país, nais, familia, amigos…) e cando esta rede non pode ofrecer a axuda necesaria entra en escena a rede dos profesionais dos servizos.

Desde este modelo trátase de brindar as axudas que necesitan as persoas con diversidade funcional para ter as vidas que desexan ter e que poden manter. O cambio que queremos provocar con este plantexamento sintetizase en ver a estas persoas non polas súas carencias senón polas súas posibilidades.

A5KC8D

Estes apoios son definidos por Luckasson (en Schalock, 2003) como os recursos e estratexias destinados a mellorar o desenvolvemento, a educación, os intereses e o benestar persoal dunha persoa e que permiten o seu funcionamento individual. 

Todas as persoas precisan apoios nalgún intre da súa vida. Eu mesma estaría perdida en Xapón ao non comprender o xaponés. Aos nosos fillos e fillas sucédelle algo similar… necesitan apoios. Algúns para comunicarse, outros para relacionarse, outros para …”

Nai dun cativo con TXD.