Atención psicolóxica a domicilio

Servizo adicado ao diagnóstico e intervención nos trastornos emocionais, problemas de conduta… É un servizo dirixido a persoas que debido á súa diversidade funcional, requiran de asistencia psicolóxica, estendéndose á abordaxe familiar, escolar, comunitaria e institucional cando corresponda.

301120111705

Con este programa bríndase atención psicolóxica e social á persoa e a súa familia a partir de demandas asociadas á súa diversidade funcional. Realízase o diagnóstico e valoración psicolóxica da persoa con diversidade funcional e un asesoramento en relación co diagnóstico da diversidade funcional e intervención temperá, así como orientación fronte á inclusión educativa ou laboral.