Intervención psicopedagóxica a domicilio

Trátase dun servizo dirixido ás persoas con diversidade funcional (discapacidade) e as súas familias, así como a outros profesionais que en certos momentos da súa vida laboral necesiten dos nosos servizos.

plasti2

O Equipo Técnico da Asociación traballa, dende unha perspectiva psicolóxica e psicopedagóxica, directamente cos usuarios e as súas familias, a través da detección das súas capacidades e do fomento das súas potencialidades de cara a unha mellora na calidade de vida das persoas con diversidade funcional e a súa contorna.

A intervención é un servizo “á carta” e en contexto natural. O primeiro porque se ofrece atención individualizada atendendo ás necesidades e demandas das persoas con discapacidade e das persoas da súa contorna. E o segundo, porque o servizo préstase nos domicilios, aproveitando as potencialidades de aprendizaxe que xeran os contextos naturais, espontáneos e familiares.