Intervención logopédica a domicilio

A logopedia ten como finalidade: a prevención, a avaliación, o diagnóstico, o estimulación, tratamento e a atención integral dos trastornos da comunicación humana: xa sexan estes trastornos da fala, da linguaxe, da voz, da audición ou da deglución.

O área de actuación da logopedia e o exercicio da profesión desenvólvese en varias contornas: o educativo, o lingüístico, o clínico, etc.fan2025745

Dende DISMACOR dámoslle sentido á intervención logopédica atendendo a correntes ecolóxicas e funcionais nas que as persoas aprenden a comunicarse na súa contorna natural e aprendendo aquelo que é significativo para eles e as súas familias.

En que situacións sería conveniente facer unha consulta a un/unha logopeda?

Sempre que os pais, o/a pediatra ou profesor/a o atopen convinte, xa que son os primeiros observadores directos do neno/a.

A continuación sinalamos algún indicadores e síntomas que poden sinalar a necesidade dunha intervención logopédica.

  • Que o cativo/a non fale ou fale pouco.

  • Que o neno ou nena non se entende cando fala.

  • Que o cativo engada ou suprima sons ao falar. Cambia unhas letras por outras. Ou teña dificultades para pronunciar determinados sons.

  • Que coma coa boca aberta e teña problemas de oclusión bucal.

  • Que respire coa boca aberta.

  • Que teña afonías con frecuencia.

  • Que non escoite ben ou non diferencie ben uns sons doutros.

  • Que presente alteracións físicas, por exemplo: Parálise cerebral, espiña bífida…

  • Que teña alteracións sensorias (Por exemplo xordeiras)

  • Que presente atraso xeral no desenvolvemento e a linguaxe.

  • Que se descentre con facilidade ante calquera situación da vida diaria.

  • Que non acade seguir consignas lingüísticas simples.

  • Que presente dificultades á hora de escribir ou ler