Programa de Psicomotricidade

Este servizo integra as interaccións cognitivas, emocionais, simbólicas e sensomotrices na capacidade de ser e de expresarse nun contexto psicosocial, desempeñando un papel fundamental no desenvolvemento harmónico da personalidade, e aumentando a capacidade de interacción das persoas con diversidade funcional e a súa contorna.

predeportivas

Segundo Berruazo (1995) a psicomotricidade é un enfoque da intervención educativa ou terapéutica cuxo obxectivo é o desenvolvemento das posibilidades motrices, expresivas e creativas a partir do corpo, o que lle leva a centrar a súa actividade e interese no movemento e o acto, incluíndo todo o que se deriva diso: disfuncións, patoloxías, estimulación, aprendizaxe, etc.

Obxectivos

  • A nivel motor. Permitir á persoa dominar o seu movemento corporal.

  • A nivel cognitivo. Mellora da memoria, a atención e concentración e a creatividade do neno.

  • A nivel social e afectivo. Facilitar ás persoas como coñecer e afrontar os seus medos e relacionarse cos demais.

Contidos

  • Esquema Corporal

  • Lateralidade

  • Equilibrio

  • Espazo

  • Tempo-ritmo motricidade grosa.

  • Motricidade fina.