Programa de cociña

O programa de cociña céntrase no desenvolvemento de condutas nutricionais axeitadas, sas e equilibradas, a través de:

· Estimular o interese pola comida sa.ambnatural

· Desenvolver os procesos lóxicos (asociación, clasificación…)

· Desenvolver os procesos cognoscitivos (manipular, mesturar, separar…)

· Promover o aseo, hixiene, hábitos alimentarios…

Metodoloxía

Se se ten en conta que os cativos aprenden a través do contacto e da relación directa coa contorna que lle rodea, a cociña é un espazo privilexiado que lle ofrece para aprender xogando. Aquilo que os cativos/as aprenden xogando, permanecerá na súa memoria para o resto da súa vida.

Facer receitas de cociña, elaboralas e manipular alimentos resulta moi divertido. Podendo ser de gran importancia motivar aos nenos/as e implicalos en cada actividade para desenvolver condutas nutricionais adecuadas e equilibradas.

Durante o programa, os nenos e nenas fortalecen e desenvolven:

· O sentido do traballo en equipo

· Hábitos de hixiene

· Hábitos alimentarios

· A lectura: interpretación de símbolos e recoñecemento de novas palabras.

· Habilidade científica: (Combinación de alimentos, coñecementos sobre a saúde, nutrición, conservación de alimentos…)

· Habilidade matemática: (Manexo de proporcións, manexo de tempos, recoñecemento de unidades de medida…)

· Habilidades psicomotrices (cortar, mesturar, amasar, espolvorexar…)

· Autonomía.

· A creatividade.