Programa de Atención Temperá

Este programa vai dirixido a facilitar o desenvolvemento dos cativos de 0-6 anos que presentan trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen o risco de padecelos. Comprende a atención a un grupo de nenos/as co obxectivo de animalos a explorar a súa contorna tentando influír en todas as áreas do seu desenvolvemento.fan2025740

Nalgúns grupos a actividade realízase coa presenza e colaboración dun adulto (pai, nai, avó…) do cativo/a de maneira que se lles ofrecen situacións para a estimulación e aprendizaxe conxunta. Así mesmo os profesionais dan orientacións ás familias para continuar traballando nas casas de maneira que se xeralizan os progresos.