Formación

Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.

Conscientes desta situación, dende Dismacor pretendemos achegar á sociedade o mundo das persoas con diversidade funcional. Desgraciadamente, é así, a maior parte dos integrantes da sociedade consideran que as persoas con discapacidade viven nun mundo aparte, diferente ao resto. Este pensamento conleva que siga existindo esa liña imaxinaria que nos separa; a sociedade non se decata de que todos somos cidadáns de primeira, cos nosos deberes e cos nosos dereitos; e cada un de nós debemos de poder gozalos. Non somos conscientes de que o mundo no que vivimos é de todos pero está deseñado para uns cantos, impedindo deste xeito que todos sintámonos como parte del.

Un dos nosos obxectivos é “Concienciar á sociedade de que todos vivimos no mundo e que todos temos dereito a gozar e participar nel”. Por iso, ao longo do ano traballamos en diferentes accións formativas para crear esa conciencia e compromiso social.

politica
Participación no curso de verán da Universidade da Coruña. Política Social Europea e Inclusión Social.

SEMINARIOS E XORNADAS

A Asociación DISMACOR organiza tódolos anos un Seminario de Formación que pretende ser un apoio a pais, un punto de encontro con profesionais e outros pais onde poidan expresar as súas dúbidas, os seus medos, as súas experiencias e recibir información tanto de outros pais coma dos profesionais alí presentes.

Ademáis esta actividade está aberta á participación e asistencia de todo o mundo, sendo unha porta de coñecemento e acercamento á asociación e os seus membros.

OBXETIVOS:

  • Dar a coñecer os medios e habilidades para facer fronte a tódalas demandas plantexadas pola discapacidade

  • Posibilitar intercambios de información cos poñentes para satisfacer dúbidas e dar respostas a situacións concretas co obxectivo de face-lo o máis aplicable posible.