Voluntariado

“Non pretendamos que as cousas cambien, se sempre facemos o mesmo…”

Albert Einstein.

Por que ser voluntario?

Moitas persoas mobilizaronse ao longo da historia preocupadas polo benestar dos demais. Porén, hoxe en día sabemos que cada persoa ten motivacións diferentes á hora de decidir participar como voluntario dunha organización.

A continuación indicamos algunhas das motivacións que nos manifestan os voluntarios que se achegaron a DISMACOR nos últimos anos:voluntarioss

- Transformación da sociedade.

- Solidariedade e desexo humanitario de axudar aos demais.

- Participación en tarefas grupais.

- Programas e tarefas da asociación.

- Ocupación do tempo libre.

- Necesidade de pertenza a un grupo.

- Autogratificación persoal.

- Novos coñecementos e técnicas.

- Dar sentido á vida.

 Ser voluntario…

Ser voluntario implica exercitarse como cidadán facilitando unha participación que acada a súa máxima expresión dende a solidariedade e a xustiza.

Ser voluntario é unha forma de participación organizada das persoas na búsqueda dunha solución aos problemas que afectan á sociedade no seu conxunto, mediante a asunción de compromiso e cooperación.

Ser voluntario supón realizar un conxunto de actividades de interese xeral, sempre que non se realice en virtude dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial e que reúna os seguintes requisitos:

- Que sexa de carácter altruísta e solidario

- Que se leven a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos derivados da actividade voluntaria.

- Que o seu desenvolvemento sexa libre.

- Que se realice a través de organizacións privadas ou públicas e en base a proxectos concretos.

Que podo facer en DISMACOR como voluntario?

Tipos de programas e actividades

Estas son algunhas das tipoloxías de programas e actividades coas que colaboran os voluntarios dentro da nosa Asociación.

Participación en actividades de Ocio e tempo de lecer.

Acompañamento: respiro familiar, xestións…

Apoio para a habilitación persoal e social.

Actividades vinculadas ao mantemento e xestión da Asociación.

Tarefas dos voluntarios/as en DISMACOR

Estas serían algunhas das tarefas que realizan os voluntarios e voluntarias en DISMACOR.

Colaborar no deseño e desenvolvemento de actividades deportivas de xogos e ocio.

Incentivar e promover a participación.

Establecer lazos de conexión co contorno comunitario próximo.

Axudar no traslado a outros lugares.

Proporcionarlles tempo de respiro aos coidadores primarios.

Acompañamento e apoio en xestións.

Apoio en estudos.

Apoio en tarefas administrativas.

Orientar en aspectos relacionados co mundo laboral.