Colaboran con nós

Na actualidade contamos coa colaboración dos seguintes Organismos, Entidades  Empresas e Asociacións.

Moita grazas a todos polas axudas que se nos brindan para facer mellor o noso traballo día a día.

Universidade da Coruña.UCATEA. Unidade Clínico Asistencial de TEA´s e TXD´s.

  

               

 

COLABORACIÓNS

Toda asociación debe manter unha comunicación fluida con tódalas Institucións Públicas que hai ao seu redor, Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Concello de Culleredo, xa que moitas das actividades que desenvolve dependen en maior ou menor medida do grado de colaboración e interese de ditas Institucións.

A Asociación DISMACOR colabora ca Universidade de A Coruña, concretamente ca Unidade Técnica-Asistencial de TEAS y TXDS, tanto na participación en cursos e seminarios, como á hora de proporcionar os servicios que oferta a asociación a aquelas familias que son remitidas pola Unidade.

Tamén existen canles de comunicación e colaboración con diferentes asociacións como a Asociación de Pais de Nenos e Persoas con Discapacidade das Mariñas Luguesas (APNED) e coa Asociación Galega de Atención á Diversidade e á Integración (AGADI).

Participando en Cursos, Xornadas e Congresos

Pensamos que dar o mellor servizo pasa por contar cos profesionais máis formados e comprometidos coa mellora continua. Por iso, no último ano o Presidente e persoal da Asociación participaron en diversos cursos, xornadas e congresos. Este tipo de actividade ten como finalidade mellorar a formación dos profesionais que traballan no día a día das persoas con diversidade funcional e difundir o noso traballo entre a poboación en xeral.

O persoal da Asociación participou nas seguintes actividades.
◾ X Congreso Internacional Galego Portugués de Psicopedagoxía. Universidade do Minho. Braga. Septembro 2009.
◾ Congreso XIV Nacional de Modelos de Investigación Educativa. Universidade de Huelva. Xuño 2009.
◾ Curso de Especialización: O desenvolvemento e aprendizaxe da comunicación en persoas con Trastornos do Espectro Autista e Xeralizados do desenvolvemento en contextos inclusivos. Universidade da Coruña. Mondoñedo. Xullo 2009.
◾  Curso de verán da Universidade da Coruña. Política Social Europea e Inclusión Social. Xullo 2009.
◾ VII Xornadas Científicas de Investigación sobre Persoas con Discapacidade. Universidade de Salamanca. Marzo 2009.
◾ XI Congreso Internacional Galego Portugués de Psicopedagoxía.Universidade do Minho. A Coruña. Septembro 2011.
◾ XII Congreso Internacional Galego Portugués de Psicopedagoxía. Universidade do Minho. Braga. Septembro 2013.