logo  dismacor  

ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS

Seminarios e Xornadas   Servizos   Vínculos   Galeria   Asociarse  

SEMINARIOS E XORNADAS

A Asociación DISMACOR organiza tódolos anos un Seminario de Formación que pretende ser un apoio a pais, un punto de encontro con profesionais e outros pais onde poidan expresar as súas dúbidas, os seus medos, as súas experiencias e recibir información tanto de outros pais coma dos profesionais alí presentes.
Ademáis esta actividade está aberta á participación e asistencia de todo o mundo, sendo unha porta de coñecemento e acercamento á asociación e os seus membros.
OBXETIVOS:

  1. Dar a coñecer os medios e habilidades para facer frente a tódalas demandas plantexadas pola discapacidade
  2. Posibilitar intercambios de información cos poñentes para satisfacer dúbidas e dar respostas a situacións concretas co obxetivo de face-lo o máis aplicable posible.

COLABORACIÓNS:
Toda asociación debe manter unha comunicación fluida con tódalas Institucións Públicas que hay ó seu redor, Xunta, Diputación, Concello, xa que moitas das actividades que desenvolve dependen en maior ou menor medida do grado de colaboración e interese de ditas Institucións.
A Asociación DISMACOR colabora ca Universidade de A Coruña, concretamente ca Unidade Técnica-Asistencial de TEAS y TXDS, tanto na participación en cursos e seminarios, como á hora de proporciona-los servicios que oferta a asociación a aquelas familias que son remitidas pola Unidade, así como remitir dende a Asociación DISMACOR, aqueles casos nos que se considera que é necesario e imprescindible a valoración e diagnóstico para levar a cabo unha adecuada intervención por parte da responsable do Servicio de Atención Ambulatorio a Domicilio de DISMACOR.
Tamén existen canles de comunicación e colaboración con diferentes asociacións como a Asociación de Pais de Nenos e Persoas con Discapacidade das Mariñas Luguesas  (APNED) e coa Asociación Galega de Atención á Diversidade e á Integración (AGADI), unha asociación de profesionais que presta un servicio de apoio ó Servicio de Atención Ambulatorio a Domicilio (SAAD).

Neste novo ano, a Campaña de Sensibilización vai ter un novo enfoque.
Vaise empezar no mes de Xaneiro a divulgar a existencia da Asociación e dos profesionais que traballamos nela polos diferentes Concellos nos que traballamos  nos que viven os nosos usuarios.
Así, xa se comezou a crear unha base de datos con tódolos servicios ós que potencialmente se vai a acudir, tendo en conta cada un dos Concellos que engloban as Mariñas Coruñesas  nos que se centra a nosa actividade. Así elaborouse un listado de Centros de Servicios Sociais, Centros de Saúde, Colexios y Garderías, Asociacións Culturais, de Veciños, etc., para levar a cabo a nosa labor de divulgación.
O Equipo Técnico trasladarase a cada un destos centros e alí exporanse os nosos fins e o noso traballo, co obxetivo de acerca-la Asociación DISMACOR e o mundo das persoas con discapacidade ó entorno máis cercano no que nos movemos na nosa práctica diaria.




Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006