logo  dismacor  

ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS

Seminarios e Xornadas   Servizos   Vínculos   Galeria   Asociarse  
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA | SERVIZO A CARTA E EN CONTEXTO NATURAL | PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE | PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN | FORMA DE TRABALLA-LO OCIO

SERVIZO A CARTA E EN CONTEXTO NATURAL

A intervención é un servizo "á carta" e en contexto natural. O primeiro porque se ofrece atención individualizada atendendo ás necesidades e demandas das persoas con discapacidade e das persoas do seu entorno. E o segundo, porque o servicio préstase nos domicilios, aproveitando as potencialidades de aprendizaxe que xeneran os contextos naturais, espontáneos e familiares.

QUÉ É NECESARIO PARA O PLENO DESENVOLVEMENTO DO SERVIZO?

à Comunicación e coordinación entre as familias e os diferentes profesionais que interveñen, así como cos organismos públicos. Implica que exista un feed-back periódico entre o profesional do servizo e as familias, o centro escolar e os diferentes profesionais que interveñen co destinatario. Asimesmo cos organismos locais, provinciais e autonómicos.

Neste punto é moi importante a coordinación entre a familia, a asociación e o centro escolar, xa que o traballo que os profesionais da Asociación fagan co usuario desde a casa vérase complementado e enriquecido co traballo que os profesores e outros profesionais fagan no centro escolar. Traballando de forma conxunta e coordinada os logros serán máis e mellores.

à Formación, información e búsqueda de recursos para persoa con discapacidade e as distintas persoas que conviven con ela.

à Asesoramento e elaboración de programas e recursos, tanto individuales como familiares, educativos, sociais.

à Concienciación e sensibilización da sociedade.

 

OBXETIVO XERAL DO SERVIZO

Prestar un servicio de atención individualizada á medida das persoas con discapacidade e das suas familias, baseándonos sempre nas súas necesidades e demandas tanto a nivel persoal, como familiar, escolar e/ou comunitario, a través da intervención en distintos niveis: educativo/ laboral, persoal, familiar e social.

É decir, pretendemos a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidades e do seu entorno.

 

OBXETIVOS ESPECÍFICOS DO SERVIZO

 

A nivel educativo/laboral:

•  Coordinación cos profesores e traballo en común dentro dun programa educativo individualizado, ofrecéndolles "solucións" concretas.

•  Potenciación da capacidade de comprensión e interiorización de aprendizaxes significativos e funcionais.

•  Favorecer a futura inserción sociolaboral das persoas con discapacidade.

 

 

A nivel familiar:

•  Asesoramento ás familias e seguimento da evolución da persoa con discapacidade.

•  Potenciación do sentimento de aceptación positiva da persoa con discapacidade no núcleo familiar.

•  Favorecer o desenvolvemento de accións de Respiro Familiar de cara a mellora- la calidade de vida das familias.

 

A nivel persoal:

•  Traballo individual ca persoa con discapacidade no seu propio domicilio ou ambiente, nos aspectos en que presente maiores dificultades, ca implicación da súa familia e entorno.

•  Favorecer a comunicación dun xeito funcional a través de sistemas aumentativos ou alternativos.

•  Potenciación de habilidades de hixiene persoal, hábitos de alimentación, autonomía persoal (traslados pola cidade), relacións sociais, etc.

•  Favorecer a xeneralización de habilidades sociais en tódolos ámbitos da vida cotiá.

•  Fomento da capacidade para establecer relacións sociais positivas.

•  Potenciar estratexias para a resolución de conflictos de forma adaptada.

 

A nivel social:

•  Formación, información e búsqueda de recursos para as distintas persoas que convivan ca discapacidade.

•  Sensibilización da sociedade en xeral e do entorno máis cercano ás persoas con discapacidade en particular para favorecer a inclusión na sociedade.

•  Difusión da realidade existente e do traballo que desde Dismacor se está a facer para promover e facilitar todos estes obxetivos plantexados.

•  Promover actividades de ocio e tempo libre adaptadas ós usuarios en canto ós seus gustos, preferencias e posibilidades, co obxetivo de favorecer a posterior inclusión na sociedade.




Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006