![]() |
||
ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS
|
||
|
Seminarios e Xornadas
Servizos
Vínculos
Galeria
Asociarse |
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA |
SERVIZO A CARTA E EN CONTEXTO NATURAL |
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE |
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN |
FORMA DE TRABALLA-LO OCIO
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBREDende a Asociación Dismacor, tanto os pais como os profesionais que a integran, consideramos, que as persoas con discapacidade teñen os mesmos dereitos e deberes co resto dos cidadáns. Dentro dos dereitos comúns a tódolos cidadáns encóntrase o de disfrutar do seu tempo libre e de ocio, un área que ó noso parecer está abandoada por parte das administracións e institucións públicas. Para un número crecente de persoas, o tempo de ocio adquiriu cada vez maior importancia. As persoas con discapacidade están en doble desvantaxe nesta cuestión, porque eles non só se enfrentan a barreiras arquitectónicas, senón tamén a barreiras psicolóxicas. Dacordo cos principios de integración e normalización, as persoas con discapacidade teñen que ser capaces de tomar parte na oferta de actividades de ocio existente. Por este motivo, decidimos realizar un proxecto de ocio no que se poidan levar a cabo ditos principios.
OBXETIVOS XERAIS Facilitar ás persoas con discapacidade, mediante apoio persoal que necesitan, a práctica dunhas actividades de ocio similares ó resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado. Consolidar o apoio, información, orientación e formación ás institucións de tempo libre normalizado. Informar, debatir e facer partícipes do proceso de normalización ás familias. Repercutir na sociedade para lograr unha maior aceptación da diversidade que incida na mellora da calidade de vida.
OBXETIVOS ESPECIFICOS Mellorar os hábitos para a inserción social que fomenten a solidariedade e que contribúan ó desenvolvemento das habilidades sociais. Maior autonomía respecto ó medio. Favorecer o uso de equipamentos normalizados. Fomentar relacións fora do círculo familiar. Participación da persoa con discapacidade na vida asociativa. Normalización do tempo libre. Propiciar a independencia persoal. Evitar o deterioro funcional das persoas con discapacidade. Proporcionar respiro familiar.
Por esta razón, a Asociación ten entre outros programas, un destinado ó ocio e tiempo libre, xa que a oferta é moi limitada, e mentras o resto da sociedade ten diferentes alternativas para disfrutar do seu tempo libre, as persoas con discapacidade, carecen delas. ACTIVIDADES DO PROGRAMA 1. Actividade: "Xogar e Crear" A actividade "Xogar e Crear" ten como finalidade que os nenos e nenas expresen mediante actividades lúdicas a súa creatividade, os seus sentimentos e pensamentos. Ademáis créase un espacio común, que permite que interaccionen entre sí e co medio que os rodea. Queremos crear un espacio de encontro indiscriminado basado na creatividade, na autoesixencia de superar as limitacións. Esta actividad desenvólvese nunha ou dúas sesións semanais nun Taller de Logopedia co que a Asociación se coordina para alcanzar os obxetivos propostos e traballar na mesma línea de cara a optimizar os resultados. Para elo mantéñense reunións periódicas nas que se pon en común a evolución e os pormenores do traballo con cada un dos usuarios. OBXETIVOS XERAIS: Descubrir e permitir a expresión da súa personalidade. Traballar a área persoal, social e ambiental. Darlles o dereito a elexir, propoñer e decidir, favorecendo a súa construcción como persoa.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS: Estimular a creatividade, por medio de diferentes situacións. Fomentar a linguaxe, nas súas diferentes manifestacións. Psicomotricidad, conocimiento do seu cuerpo, dos seus movementos.
2. Actividade: "Terapia Acuática" A auga é para os nenos un lugar de diversión, un motivador natural onde aprender, un lugar onde calquer neno disfruta da liberdade de movementos que en outros lugares non ten. Servímonos da auga como medio para aumentar a confianza en sí mesmo e nos demáis. Esta actividade lévase a cabo no Complexo Deportivo de Hacia Dama en El Burgo e hai unha serie de monitores voluntarios do Club Albatros que traballan cos nenos e nenas. OBXETIVOS: Mellorar tanto o aspecto físico, como o emocional e afectivo. Mellorar a amplitude de movementos, a flexibilidade, forza e resistencia. Mellorar habilidades funcionais, como son: transferencias, ambulación, vestido e habilidades sociais.
Desde a Asociación, o que se pretende en todo momento é ofrecer un ocio inclusivo. O primer obxetivo de DISMACOR é conseguir que os nosos usuarios se integren na sociedade de forma eficaz e positiva, e por iso vemos a integración como un concepto moito máis amplio. Non se pretende "colocar" ó neno ou nena nun entorno integrado deixalo alí a súa sorte, o noso obxetivo vai moito máis alá de iso e por iso o que se quere conseguir é a inclusión na sociedade, que abarcaría a participación e a aceptación social das persoas con discapacidade no seu entorno social, laboral e escolar. Esta sería a verdadeira inclusión. Unha das formas de conseguir esta inclusión é a través do ocio e por iso a partir deste ano vaise dar un novo enfoque ó programa de actividades.
|
|
![]() Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006 |
||