![]() |
||
ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS
|
||
|
Seminarios e Xornadas
Servizos
Vínculos
Galeria
Asociarse |
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA |
SERVIZO A CARTA E EN CONTEXTO NATURAL |
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE |
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN |
FORMA DE TRABALLA-LO OCIO
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADAEste programa lévase realizando dende a creación da Asociación no ano 2002, aínda que co paso do tempo foi obxecto de modificacións e reestructuracións cas novas demandas e necesidades dos nosos usuarios esixían. Dentro desde programa encontrámonos co xa asentado "Servizo de Atención Ambulatoria a Domicilio (SAAD)" e co Servizo de Atención Psicopedagógica para dar Resposta ás Necesidades das Persoas con Discapacidade e as súas Familias que se puxo en marcha a partires de enero de 2006. SERVICIO DE ATENCIÓN AMBULATORIO A DOMICILIO (SAAD)QUÉ É? A Asociación DISMACOR ten como principal obxetivo a inclusión das persoas con discapacidade e a súa normalización. Tódolos integrantes e colaboradores desta entidad comparten a innovadora tarea de educar ás persoas con discapacidade no mundo no que viven; idea partida da preocupación, de familias co apoio de profesionais, pola educación, estimulación e inclusión dos seus fillos na vida cotidiana, por unha vida digna e unhas calidades mínimas con tódolos seus dereitos e sen deixar a un lado os seus deberes. CÓMO NACEU O SAAD? Con estas premisas naceu no ano 2003 o "Servizo de Atención Ambulatoria a Domicilio" dirixido por un equipo técnico, contando e establecendo cauces bidireccionales de comunicación e colaboración cos diferentes profesionais da Unidad Técnico-Asistencial de TEAS y TXDS da Universidade de A Coruña (UCATEA)e da Asociación Galega de Atención a Diversidade e a Integración(AGADI). ONDE SE LEVA A CABO O SERVIZO? Este servizo, préstase dentro do propio entorno da persoa con discapacidade e é unha atención individualizada, no contexto onde se move diariamente e en onde desenvolven a súa vida, e , posiblemente, van a seguir desenvolvéndoa no futuro. Aprovéitase o seu contexto como un marco de aprendizaxe natural e funcional, un lugar onde o aprendizaxe convírtese rápidamente en experiencia e onde se van a desenvolver os apoios que lle permitan levar unha vida o máis autónoma e independente posible. QUÉ SE PERSEGUE CA INTERVENCIÓN? Perséguese dotar á persoa con discapacidade dunha calidade de vida. Unha calidade de vida entendida como a posibilidade de maximizar e aumentar o benestar emocional dun entorno reconocido. QUÉ É IMPRESCIDIBLE PARA FACE-LO? Dotar as persoas con discapacidade de apios para que posúan unha vida cuns mínimos de calidade, traducindo ésta en marcos de convivencia armoniosa e estable. Consiste en dotalos de recursos, hábitos e habilidades para que adquiran estratexias co fin de levar o que se considera "unha vida normal". Nesta labor defendemos a diferencia, a atención á mesma, e a búsqueda dun mundo inclusivo, onde non existan etiquetas. Un mundo no que aceptamos que todos somos diferentes e onde aceptando estas diferencias enriquecémnos todos. Para iso, a sociedade debe ter conciencia colectiva sobre a igualdade de dereitos, onde todos poidan convivir, aprender e traballar aceptando as diferencias. Ó dotar, a sociedade, á persoa con discapacidade dunha igualdade, permítelles participar en contextos máis ricos e estimulantes, e en actividades máis valoradas socialmente. Ó mesmo tempo, axuda á familia a ter máis confianza en tódalas posibilidades desa persoa, volvéndose máis activos na educación e socialización da persoa con discapacidade.
OBXETIVOS XERAIS DO SERVIZO Prestar apoio e atención a domicilio, atendendo ás necesidades e demandas das persoas con discapacidade e ás persoas do seu entorno, tanto a nivel xeral como familiar, escolar e/ou comunitario, nun entorno adaptable e inclusivo. Facilitarlles a normalización, para aumentar a súa calidade de vida. Atender ás necesidades das persoas con discapacidade e dotarlles de medios, recursos, hábitos e habilidades co fin de que leven unha vida de calidade. Dotar de medios ás persoas que conviven con persoas con discapacidade para que poidan entendelos, comunicarse, satisfacer as súas necesidades e establecer as relacións máis óptimas posibles, atendendo e satisfacendo as demandas concretas en cada momento. OBXETIVOS ESPECÍFICOS DO SERVIZO Traballo individual ca persoa con discapacidade en contextos naturais, nos aspectos nos que presente maiores problemas, ca implicación da súa familia e entorno. Coordinación cos profesores e traballo en común dentro dun programa educativo. Asesoramento a familias e seguimento da evaluación do neno ou persoa con discapacidade. Elaboración, organización e desenvolvemento de actividades e recursos que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade, da súa familia e entorno. Sensibilización e adecuación dos entornos sociais e comunitarios para as persoas con dificultades de adaptación.
SERVICIO DE ATENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA PARA DAS RESPOSTA ÁS NECESIDADES DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E AS SÚAS FAMILIAS (SATP)QUE É? É un servicio de información, formación e intervención, dirixido ás persoas con discapacidade e as súas familias, así como a outros profesionais que en certos momentos da súa vida laboral necesite dos nosos servizos. PARA QUÉ SERVE? Información : desde a Asociación ofrécese información de calqueira tipo a tódalas persoas (familias, profesionais, estudiantes, etc.), que estén interesadas en coñecer a Asociación, o noso traballo, as diferentes discapacidades coas que traballamos, etc. Para iso ofrecemos un horario de atención ó público no que o Equipo Técnico da Asociación, está aberto a resolver calqueira tipo de duda que se nos plantexe. Formación : neste senso desde a Asociación lévanse a cabo accións formativas ó longo do ano, como a realización de Cursos de Formación sobre diferentes temáticas relativas ó mundo da discapacidade; charlas e conferencias en diversos centros e organismos para dar a coñecer a Asociación e as problemáticas que se tratan nela; organización de Seminarios; etc. Todo isto co obxetivo de que a Discapacidade deixe de ser algo descoñecido para á sociedade e pase a verse dunha forma normalizada, contribuindo así a lograr o obxetivo da inclusión que é o pilar básico da nosa filosofía. Intervención : o Equipo Técnico da Asociación traballa, desde unha perspectiva psicolóxica e psicopedagóxica, directamente cos usuarios e as súas familias, a través da detección das súas capacidades e do fomento das súas potencialidades de cara a unha mellora na calidade de vida das persoas con discapacidad e o seu entorno. |
|
![]() Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006 |
||