![]() |
||
ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS
|
||
|
Seminarios e Xornadas
Servizos
Vínculos
Galeria
Asociarse |
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA |
SERVIZO A CARTA E EN CONTEXTO NATURAL |
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE |
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN |
FORMA DE TRABALLA-LO OCIO
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓNNa teoría "TODOS SOMOS IGUAIS ANTE A LEI", independentemente das nosas características diferenciais; pero realmente non é así na práctica. Aquelas persoas que non pertencen á gran marea da homoxeneidade, na maioría das ocasións, vénse privados dos seus dereitos, pero non dos seus deberes. A situación é paradóxica, deben cumprir cas obligacións dos ciudadáns de primeira pero para poder disfrutar dos dereitos teñen que loitar para elo. Uns dereitos ós que o resto da sociedade accede sen necesidade de alzar a voz e gritar: "perténcenos coma ós demáis". E non nos damos conta de que están sendo privados dos seus dereitos hasta que non nos toca de cerca. Vivimos nunha sociedade pensada e diseñada para una maioría, na que os problemas sólo o son cando afectan á maioría. Non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con discapacidade, polo que "o problema" é sólo duns poucos, e son eles os que deben de busca-la solución. FINALIDADE DO PROGRAMA Acercar á sociedade ó mundo das persoas con discapacidade. Desgraciadamente, é así, a maior parte dos integrantes da sociedade consideran que as persoas con discapacidade viven nun mundo aparte, diferente ó resto. Este pensamento conleva que siga existindo esa línea imaxinaria que nos separa; a sociedade non se percata de que todos somos cidadáns de primeira, cos nosos deberes e cos nosos dereitos; e cada un de nós debemos de poder disfruta-los. No somos conscientes de que o mundo no que vivimos é de todos pero está diseñado para uns cantos, impedindo deste modo que todos nos sintamos como parte del. E non sólo se pretende ese acercamento, senón que o noso obxetivo é máis ambicioso: queremos que a sociedade se dé conta de que todos vivimos no mesmo mundo e que todos temos o dereito de disfrutar e participar del. METAS DO PROGRAMA A sociedade sexa consciente de que todos somos diferentes, todos temos unhas peculiaridades e non é xusto que por elo se nos exclúa. A sociedade teña un coñecemento real e axustado das persoas con discapacidade. Todos unidos loitemos para poder disfrutar dos nosos dereitos como persoas. Dar a coñecer a Asociación DISMACOR e as accións que realiza: creemos nas potencialidades e posibilidades das persoas, nas súas capacidades, non nas súas discapacidades. Unha maior colaboración e participación dos diferentes organismos e institucións tanto públicas como privadas.
En definitiva, un maior COMPROMISO da sociedade. |
|
![]() Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006 |
||