![]() |
||
ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS E PERSOAS CON DISCAPACIDADES DAS MARIÑAS CORUÑESAS
|
||
|
Seminarios e Xornadas
Servizos
Vínculos
Galeria
Asociarse |
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA |
SERVIZO A CARTA E EN CONTEXTO NATURAL |
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE |
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN |
FORMA DE TRABALLA-LO OCIO
FORMA DE TRABALLA-LO OCIO NA NOSA ASOCIACIÓNTraballamo-lo ocio a través de dúas vertientes: a)por unha parte preténdese levar a cabo actividades desde a Asociación, que fomenten o contacto e a interacción entre os nenos e nenas e entre as familias, tamén tendo moi en conta ós pais, para os que se vai crear un Programa de Respiro Familiar; Traballaríase cos usuarios da Asociación no seu conxunto e se levarían a cabo actividades, na súa maioría de fin de semana, en diferentes ámbitos. Por exemplo diseñouse un Proxecto de Ocio do que estamos pendentes de financiación, que inclúe actividades de fin de semana e que incluiría tamén dous campamentos que se levarían a cabo en verán. Entre estas actividades estarían visitas a diferentes Museos da cidade (a Domus, o Acuario, etc.), actividades lúdicas ó aire libre, actividades que fomenten hábitos de alimentación saudables, etc. sempre intentando traballar o máximo de obxetivos posibles a través sempre do divertimento e o ocio positivo.
b)por outro lado e atendendo ó principio de inclusión, váise diseñar un programa de ocio á carta e individualizado en función das características e gustos do usuario. Se pretende é dotar ó usuario dun abanico de opcións para que él poida elexir en función dos seus gustos e preferencias co obxetivo de integrar ás persoas con discapacidade en grupos normalizados, sempre e cando a atención proporcionada sexa de calidade e poidamos falar verdadeiramente de inclusión. Para iso estáse a levar a cabo unha primeira fase de evaluación de necesidades. Pasóuselles ás familias un cuestionario para averiguar os gustos dos nenos e nenas e as súas posibilidades horarias de cara a buscar as opcións máis adecuadas a cada usuario. Sería por tanto, e ó igual que o SAAD, un servicio á carta. PROXECTO DE OCIO INCLUSIVOPara un número crecente de persoas o tempo de ocio adquiriu cada vez maior importancia nos últimos anos. As persoas con discapacidade están en doble desventaxa nesta cuestión, porque eles non sólo se enfrentan a barreiras arquitectónicas, senón tamén a barreiras psicolóxicas. Dacordo cos principios de integración e normalización, as persoas con discapacidade teñen que ser capaces de tomar parte na oferta de actividades de ocio existente. Por este motivo, decidimos realizar un proxecto de ocio llamado "OCIO INCLUSIVO" no que se poden levar a cabo ditos principios. OBXETIVOS XERAIS Facilitar ás persoas con discapacidade, mediante o apoio persoal que necesitan, a práctica dunhas actividades de ocio similares ó resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado. Consolidar o apoio, información, orientación e formación ás institucións de tempo libre normalizado. Informar, debatir e facer partícipes do proceso de normalización ás familias. Repercutir na sociedade para lograr unha maior aceptación da diversidade que incida na mellora da calidade de vida. OBXETIVOS ESPECIFICOS Mellorar os hábitos para a inserción social que fomenten a solidariedade e que contribúan ó desenvolvemento das habilidades sociais. Maior autonomía respecto ó medio. Favorece- lo uso de equipamentos normalizados. Fomenta-las relacións fora do círculo familiar. Participación da persoa con discapacidade na vida asociativa. Normalización do tiempo libre. Propicia-la independencia persoal. Evita-lo deterioro funcional das persoas con discapacidade. Proporcionar respiro familiar. PLANIFICACIÓN O proxecto está diseñado para realiza-lo en dúas fases. A primeira fase consiste na realización de actividades durante os fins de semana e a segunda fase en dous campamentos. ACTIVIDADES Equinoterapia ou Hipoterapia. Acudir a espectáculos variados. Visitar museos. Día de praia e aqua park . Uso de medios de transporte . Tarde de merenda sana. |
|
![]() Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia- Presidencia- Secretaría Xeral de Comunicación- Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual Dismacor. Todos los derechos reservados © 2006 |
||